Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2023 | Actualizada ás 19:39
O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde unha proposiciónno de lei do PP que solicita ampliar o número de bases de unidades operativas para persoal de incendios forestais.
O obxectivo, segundo a formación popular, é dispor dunha rede de instalacións que mellore a prestación dos servizos públicos, así como as condicións de habitabilidade e saúde ocupacional do persoal do Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Xunta de Galicia.
Así mesmo, pídese que a Xunta continúe coa reforma e rehabilitación doutras bases asociadas á operatividade do Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Xunta de Galicia.
O deputado popular Ángel Rodríguez explicou que "desde o ano 2000 Galicia está zonificada en 19 distritos forestais, posuíndo cada un deles unha sede ou base principal".
"Así como unha serie de localizacións, denominadas na actualidade como puntos de encontro, nos que se localizan as brigadas do Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Xunta", apuntou. Tamén expuxo que estes puntos están a ser substituídos por bases de unidades operativas e aludiu ás que se están consstruyendo en Rianxo, Muiños e Mondoñedo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.