Sánchez dará o seu apoio a Besteiro na Conferencia Política do PSdeG deste sábado e que clausurará Nadia Calviño

No encontro, os socialistas perfilarán o programa co que concorrerán aos comicios galegos que se poderían celebrar xa no primeiro trimestre de 2024 se finalmente o presidente galego, Alfonso Rueda, opta polo adianto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2023 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno e líder do Partido Socialista, Pedro Sánchez, arroupará este sábado, día 16 de decembro, ao aspirante socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, na Conferencia Política do PSdeG. Ademais, a vicepresidenta Nadia Calviño participará o domingo en clausúraa do evento.

O acto servirá como lanzamento da candidatura do político lucense para as próximas eleccións autonómicas nun contexto no que o líder do Partido Socialista fixo varios xestos cara á figura do candidato socialista Galicia, como o seu nomeamento como integrante da comisión que negociou a investidura.

Na cita, que terá un marcado carácter preelectoral, os socialistas perfilarán o programa co que concorrerán aos comicios galegos que se poderían celebrar xa no primeiro trimestre de 2024 se finalmente o presidente galego, Alfonso Rueda, opta polo adianto.

Así as cousas, a Conferencia Política que os socialistas galegos celebrarán na Cidade da Cultura terá como relatoras ao que fose ministro de Sanidade e exdelegado do Goberno en Galicia, José Miñones; a exsecretaria de Estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera; o reitor en funcións da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde; e a que foi decana da Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Nieves Lagares.

Eles serán os encargados de coordinar o catro foros nos que se repartirá a conferencia e que versarán sobre Economía, Cohesión Territorial, Servizos Públicos e Autogoberno e nos que participarán outros destacados socialistas como a que foi ministra de Medio Ambiente Elena Espinosa ou a exconselleira do bipartito e concelleira en Vigo María José Caride.

Ademais, tal e como indicou o propio Besteiro na presentación do evento o martes, o PSdeG aspira a reunir máis dun milleiro de persoas, entre delegados do PSdeG-PSOE, representantes da sociedade galega, colexios profesionais e independentes de recoñecido prestixio que participarán nas mesas de debate desta convención para elevar propostas para enriquecer o documento marco elaborado para gobernar Galicia.

O secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno, Pedro Sánchez e  o candidato do PSOE en Galicia, Gómez Besteiro / EP - Arquivo / Europa Press
O secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno, Pedro Sánchez e o candidato do PSOE en Galicia, Gómez Besteiro / EP - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Según parece Isabel Pardo de Vera será a encargada de encher o fermoso litoral de formigón (logo de retirar o recurso ao Consittucional, se gañan as eleccións) ? https://www.nosdiario.gal/articulo/... Maria Xosé Caride é experta en recalificar terreos rústicos e protexidos en liña de costa (Urbanización Los Cabos) e se aínda tedes dúbidas mirade onde vive a Marquesa de Toralla ? Cidade da Cultura do Formigón !