Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2023 | Actualizada ás 20:15
Este mércores terá lugar no Consello Galego de Relacións Laborais dun novo encontro entre os representantes dos traballadores dos parques comarcais de bombeiros e a Xunta e deputacións de face a tentar explorar unha saída ao conflito que acumula meses de protestas co servizo en folga desde mediados de xuño.
Dúas semanas despois da última reunión, volverán atoparse este mércores nunha cita da que, segundo reflicte un comunicado, os sindicatos confían en que "dunha vez por todas" poida alcanzarse un acordo que "satisfaga a ambas as partes".
Deste xeito, manifestan a súa intención de continuar con accións como a concentración permanente que manteñen na Praza do Obradoiro desde o pasado 15 de decembro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.