Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2023 | Actualizada ás 16:50
A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) sacou á venda como "agasallo do Nadal" as súas antigas lonas coa lema 'Ence fóra da ría' e outras reivindicacións que foron recicladas para converterse en bolsas para a compra, mochilas, neceseres e outros complementos "resistentes e impermeables".
O presidente da APDR, Antón Masa, presentou este xoves esta iniciativa nunha comparecencia na que estivo acompañado por Sara Formoso, representante do proxecto pontevedrés Tombo, encargados de confeccionar estes produtos que se atopan á venda na sede da APDR e tamén a través das redes sociais do colectivo ecoloxista.
Antón Masa explicou que na APDR levaban anos tentando sacar adiante este proxecto porque dispoñen de "moitas lonas" das pancartas, polo que falaron con distintas ONG, "pero non lles resultaba fácil traballar este material".
Finalmente, Sara Formoso asumiu o reto, tras ver as "posibilidades" que ofrecían as lonas para estas creacións, e confiou en que tamén constitúa "unha maneira de crear exemplo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.