Aparece con vida a anciá de Vila de Cruces desaparecida desde o luns

Foi localizada no lugar de Fornelos, nunha zona de monte de difícil acceso pero moi próxima á súa vivenda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2023 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

A anciá de Vila de Cruces que levaba desde o luns en paradoiro descoñecido foi atopada con vida na tarde deste xoves, tres días despois, nunha zona de difícil acceso.

Segundo informa o 112 Galicia, foron os servizos de emerxencias que colaboraban no operativo de procura os que deron con esta muller pasados uns minutos das 18,30 horas da tarde.

Foi localizada no lugar de Fornelos, nunha zona de monte de difícil acceso pero moi próxima á súa vivenda. A anciá foi trasladada en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia para comprobar o seu estado.

O dispositivo de procura iniciouse sobre as 18,30 horas do luns, cando a súa filla comunicou que a súa nai estaba perdida, xa que saíra como de costume a pasear pero, tras contactar con ela por teléfono, non sabía regresar a casa.

Este xoves, a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) informaba de que cans de rescate e un vehículo de montaña uníanse ao operativo.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta