Se tes sangue A+, 0-, B+, AB- , aproveita para doar

O Sergas di que hai falta de sangue deste tipo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2023 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Servizo Galego de Saúde (Sergas) chama á cidadanía a doar sangue tras comprobar que as reservas dos grupos A positivo, 0 negativo, B positivo e AB negativo están en niveis baixos.

O único grupo que se atopan en nivel bo é o AB positivo, mentres que A negativo, 0 positivo e B negativo están en nivel normal.

Así, ADOS lembra que nos hospitais galegos necesitan preto de 500 doazóns de sangue para poder desenvolver o seu labor asistencial. Por iso, incide que se pode doar nalgunha do dez unidades móbiles que percorren diariamente Galicia ou nalgún dos sete locais permanentes de doazón das principais cidades galegas.

Unha persoa doa sangue durante a presentación da campaña de verán de doazón de sangue
Unha persoa doa sangue durante a presentación da campaña de verán de doazón de sangue | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta