Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2023 | Actualizada ás 19:18
Unha muller faleceu tras sufrir un atropelo en Crecente (Pontevedra), segundo informa o 112 no seu parte de incidencias. O atropelo mortal produciuse na PO-400, no quilómetro aproximado 30, ao seu paso pola parroquia de Quintela.
Foi a chamada dun particular ao 112 Galicia, sobre as 16,15 horas da tarde, a que informaba do sucedido. Segundo relataba, unha muller sufrira un atropelo e, aínda que non estaba atrapada, precisaba asistencia sanitaria urxente. Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia informaron do sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ponteareas e aos axentes da Garda Civil.
Por outra banda, unha muller faleceu en Vigo ao precipitarse desde unha vivenda dun piso na avenida das Camelias, uns feitos dos que se tivo constancia pouco antes do cinco da tarde. Sobre o sucedido, fontes consultadas, apuntan a un suicidio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.