Allariz incentiva as compras no comercio local

Ademais de facer campaña con lonas promocionais na entrada da vila, agasallará con diferentes premios de 250 e de 100 euros a quen resulte premiado daqueles que compren estes días no comercio e na hostalería local.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 27/12/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Concello de Allariz colocou a semana pasada dúas lonas promocionais nas entradas de Allariz coa intención de lembrar a veciños/as e visitantes que as compras no comercio local poden ter premio.

Cartel promocional. Foto: Concello de Allariz.
Cartel promocional. Foto: Concello de Allariz.

"Chegadas estas datas lembramos que mercar aos nosos veciños ten moitos beneficios, o comercio local é un sector estratéxico para a economía e o benestar social dá nosa vila . É necesario mantelo activo, xa que ademais xera emprego e fomenta a nosa identidade cultural", din dende o equipo de goberno.

Dende o concello lembran a campaña do peto dos desexos, impulsada xunto co comercio e a hostalería local, para incentivar as compras locais durante a época de Nadal. A campaña sorteará 2 premios de 250 euros e 5 de 100 euros entre os clientes do comercio e a hostalería da localidade que xunten boletos de compra ata alcanzar un valor de 30 euros.

Todos os que desexen participar poderán facelo ata ou 6 de xaneiro, e os comprobantes de compra deberán ser depositados xunto coa tarxeta dos desexos nun dos Petos que estarán situados no alto do Portelo e na entrada da Alameda. O vindeiro 8 de xaneiro sortearanse 1000 euros en premios nun acto público que terá lugar ás 11:00h diante do Peto dos Desexos (no alto do Portelo).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta