Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2023 | Actualizada ás 13:32
A CIG rexeitou o novo convenio colectivo asinado por CCOO, UGT e SE con Mercadona, xa que consideran que "empeora as condicións laborais e salariais recoñecidas ata agora", ademais de "profundar na centralización das relacións laborais".
Nun comunicado, censuran tamén que "exclúa" a aquelas organizacións como a CIG, "que lle resultan molestas á empresa por defender e reivindicar os dereitos dos traballadores".
Denuncian que en todo o proceso "non existiu unha negociación real, posto que os textos xa estaban previamente pactados á marxe da mesa e só se incluiron as modificacións que lle interesaban a Mercadona para adaptar o convenio aos cambios lexislativos e corrixir a redacción ao seu favor naquelas materias nas que estaba a perder xuízos".
No que respecta á cuestión económica, argumentan que este convenio supón "perder dereitos salariais" e non "garantir" o mantemento da súa capacidade adquisitiva, "xa que por primeira vez non se asegura un incremento igual ao IPC".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.