Por E.P. | A CORUÑA | 04/01/2024 | Actualizada ás 18:40
As traballadoras de todas as tendas de Arenal Perfumarías na provincia da Coruña están chamadas a unha nova xornada de folga este venres para reclamar un acordo que "mellore as condicións" salariais e laborais, tras os paros desenvolvidos o pasado 24 de novembro e 23 de decembro.
Segundo explicou a CIG-Servizos, ademais dunha xornada de paro, realizarán unha concentración na tenda da rúa San Andrés ás 11,00 horas e despois marcharán ata o establecemento da praza de Catro Camiños.
O sindicato lembrou que Arenal aplica o convenio estatal de perfumarías, que contempla unhas condicións "moi inferiores" ás do convenio provincial de comercio vario.
"De feito, máis do 70% do persoal --formado na súa maioría por mulleres-- cobra o SMI, a pesar de que a empresa (fusionada con varias transancionales do sector en pleno proceso de expansión) rexistra beneficios millonarios", apuntou o sindicato.
Así, a representación da CIG e UGT "leva meses" tentando que a dirección "sente a negociar" un acordo de "melloras salariais e laborais" para que as traballadoras "poidan cobrar o mesmo" que as compañeiras do sector reguladas polo convenio provincial do comercio vario, de "condicións superiores".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.