Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/01/2024 | Actualizada ás 14:43
O primeiro premio do sorteo da Lotaría do Neno, dotado con 200.000 euros o décimo, recaeu no número 94.974, vendido en municipios do catro provincias galegas: O Grove, Ourense -- por partida dobre --, As Pontes, A Coruña, Viveiro, Xinzo de Limia, Redondela, A Illa de Arousa e Vigo.
Este primeiro premio caeu moi repartido en toda España, do mesmo xeito que o terceiro, co número 57.033 e dotado con 25.000 euros o décimo, que tamén deixou décimos premiados en numerosas localidades galegas.
Mentres, o segundo premio, dotado con 750.000 euros por serie, foi para o número 89.634, vendido integramente en Móstoles.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.