Finalizan as restricións no consumo de auga en Cariño tras dar negativo as análises

O goberno local recibiu no transcurso deste mércores a notificación da Xunta de Galicia coa que se oficializaba o peche da incidencia que pesaba sobre a inxesta de auga desde mediados do pasado novembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2024 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O Concello de Cariño  puxo fin ás restricións no consumo de auga tras unhas analíticas positivas e cumprir os criterios sanitarios para o consumo humano.

Así o informa o consistorio que lembra que a presenza de níquel e trihalometanos na rede de abastecemento para as parroquias de Cariño e A Pedra obrigaran a non recomendarsu inxesta a mediados do pasado novembro.

O goberno local recibiu no transcurso deste mércores a notificación da Xunta de Galicia coa que se oficializaba o peche da incidencia que pesaba sobre a inxesta de auga desde mediados do pasado novembro en ambas as parroquias.

Entón as fortes choivas de principios de mes provocaron un 'efecto arrastre' que conduciu a detectar na rede de abastecemento unha cantidade de níquel e trihalometanos por encima do valor sanitario establecido na normativa vixente.

Cariño
Cariño | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta