Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2024 | Actualizada ás 14:25
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu este luns á directora en España da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos, Raquel Martí, á que trasladou a colaboración da Xunta en apoio a esta poboación.
Diso informou este luns a Xunta nun comunicado, no que explica que, neste encontro, Gamallo, coñeceu de primeira man a situación humanitaria que vive a poboación palestina refuxiada na Franxa de Gaza.
O Executivo autonómico destacou que mantén a colaboración con UNRWA España en apoio á seguridade alimentaria, á saúde e á educación da poboación palestina. Nesta liña, Gamallo comprometeuse a seguir apoiando á poboación refuxiada palestina a través do financiamento de proxectos de axuda humanitaria que serán instrumentados fundamentalmente a través de convenios de colaboración con UNRWA España.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.