Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2024 | Actualizada ás 11:40
A Xunta eliminou un punto de vertedura de augas residuais municipais que vería á ría de Muros e Noia, no concello coruñés de Muros. Segundo informou o Executivo galego, esta achega irregular foi detectada polo persoal do Programa de Control de Verteduras, dependentes de Augas de Galicia, durante as tarefas rutineiras de inspección que realizan nos diferentes municipios do ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.
O persoal inspector localizou a filtración nunha rede de augas pluviais que vertía directamente á ría mediante un tubo no muro de contención na praia de Virxe do Camiño. Augas de Galicia informou da situación á entidade local para que realizase as medidas oportunas para solucionar a vertedura irregular.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.