Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2024 | Actualizada ás 16:43
A adaptación visual en formato cómic de 'Memorias dun neno labrego', de Xosé Neira Vilas e con ilustracións de Iria Alegunde, chegará ás librarías esta semana. Publicada na colección Novela Gráfica, a adaptación a cómic do clásico de Neira Vilas "está debuxada con sentimento e bo pulso narrativo". Destacan no comunicado que se trata do libro máis lido e traducido da literatura galega, "unha das obras que fundan a narrativa contemporánea galega e que agora se presenta por primeira vez nunha adaptación gráfica".
Xosé Neira Vilas (Gres, 1928-2015) foi membro numerario da Real Academia Galega e doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e A Habana. Pola súa banda, Iria Aldegunde (Santiago de Compostela, 2000) é historietista. Compaxinou os seus estudos de Filoloxía Inglesa coa súa formación en cómic na escola profesional O Garaxe Hermético. Participou nos libros colectivos 'Florencio' (2022) e 'Gaspariño XXI' (2023).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.