A TVG participará en nove proxectos cinematográficos: sete películas e dous documentais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2024 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

A TVG participará en nove proxectos cinematográficos, sete deles son películas e dous documentais. Segundo informou a CRTVG, así o resolveu este venres a Comisión Directiva de Avaliación de Proxectos de Apoio á Produción Cinematográfica da CRTVG.

Entre as longametraxes cinematográficas atópanse cinco producións de identidade galega e con claro carácter autoral: 'As augas', 'Petróleo', 'Onte á noite conquistei Tebas', 'Monstro' e 'Tralovento'. En canto aos outros dúas longametraxes teñen outros compoñentes e son 'Revolución sen sangue' e 'Leo & Lou'.

Pola súa banda, as longametraxes documentais hai dous proxectos de corte diferenciado. Un, producido por Miramemira, trata a vida e repercusión social dunha icona da cultura popular e musical galega, 'Ana e máis nós', pero coa singularidade de que o foco se centra na relación da artista Ana Kiro e o seu público.

O outro proxecto, 'Prefiro Condenarme', é un documental creativo que conta a historia real dunha muller desde a perspectiva da cineasta Margarita Ledo que utiliza os lugares e as imaxes de arquivo como ferramentas para que floreza a memoria.

Sede da CRTVG en San Marcos
Sede da CRTVG en San Marcos | Fonte: crtvg

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta