A Audiencia de Ourense fixa para o mesmo día dúas causas por estafa do mesmo avogado

Esta será a cuarta vez que trate de celebrarse o procedemento aberto

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2024 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Ourense fixou para o vindeiro luns, día 29, as dúas causas pendentes por estafa que pesan sobre un mesmo avogado ourensán que, en anteriores ocasións, aprazou ata 3 veces as vistas alegando problemas de saúde ou cambio de avogado.

Así, esta será a cuarta vez que trate de celebrarse o procedemento aberto pola presunta estafa da que foron vítimas unha nai e a súa filla, ás que o letrado cobrou case 28.000 euros pola xestión dunha herdanza que non levou a cabo. Os feitos tiveron lugar entre 2017 e 2019 e, por eles, o Ministerio Público pide tres anos e medio de prisión.

O xuízo xa foi suspendido en tres ocasions, unha delas porque o acusado pediu un cambio de avogado e as outras alegando cuestións de saúde. Neste caso tamén se remitiu ao xulgado un escrito informando de que o procesado ten problemas de saúde que lle impiden comparecer, pero a Audiencia rexeitouno e fixou de todos os xeitos a vista.

Dados os problemas para sentar no banco a este letrado, a Audiencia fixou para a mesma xornada outra causa que ten pendente, tamén por estafa. Neste caso, acúsaselle de quedar con pagos dun cliente ao que dixo que interporía un recurso de casación por unha petición de incapacidade, trámites que nunca realizou.

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta