A CIG acusa á Consellería de Educación de borrar sistematicamente as baixas solicitadas polos centros educativos

Todo isto, segundo indica, "agrávase xa que só chámase dous días á semana para a cobertura das baixas, co cal unha vacante de 15 días subida un martes pola tarde, no mellor dos casos, non sería cuberta ata o venres e a persoa substituta non se incorporará ata o luns, polo que o modo de proceder da administración cando chega o venres é borrala "para non facer un nomeamento por uns poucos días e aforrar custos en persoal, que é o fin último deste xeito de actuación".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2024 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

O sindicato CIG reclamou a cobertura total das baixas nos centros educativos e esixiu á Consellería de Educación que "pare de inmediato" co borrado sistemático das baixas solicitadas polos centros educativos. Nun comunicado remitido aos medios, a central nacionalista asegurou que "día tras día" a consellería "borra baixas" subidas polos centros educativos.

O sindicato sinala que, como xa denunciou na mesa sectorial do 14 de novembro de 2023 e constátase polo seguimento que fai diariamente desta problemática e nas numerosas queixas que lle chegan de persoal substituto, a Xunta "elimina todas as baixas que non superen os 15 días no momento de ser cubertas". Así mesmo, lembra á consellería que se un equipo directivo sobe unha vacante é porque a necesita, polo que "está a vulnerar o lexítimo dereito do alumnado e do centro educativo a recibir a atención que necesitan".

Todo isto, segundo indica, "agrávase xa que só chámase dous días á semana para a cobertura das baixas, co cal unha vacante de 15 días subida un martes pola tarde, no mellor dos casos, non sería cuberta ata o venres e a persoa substituta non se incorporará ata o luns, polo que o modo de proceder da administración cando chega o venres é borrala "para non facer un nomeamento por uns poucos días e aforrar custos en persoal, que é o fin último deste xeito de actuación".

Ademais, indica que as baixas se dan, salvo situacións extraordinarias por 15 días, co que a Consellería pode borrar as prazas ao seu antollo. Por todo iso, esixe que se cubran todas as vacantes desde o día que empeza a baixa e que inmediatamente cese o borrado das prazas non cubertas, que non é máis que unha forma de tapar os trapos sucios da Consellería de Educación.

Un profesor dá clase
Un profesor dá clase | Fonte: Marta Fernández Xara - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta