Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2024 | Actualizada ás 12:17
O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alfonso Rueda, difundiu un vídeo no que primeiro le e logo agradece unha "cariñosa" carta que, segundo verbaliza, asina o cantante Juan Pardo, cuxo 'Xuntos' decidiu versionar o PPdeG como tema de campaña.
No texto que le Rueda, quen alixeirou axenda para preparar o debate da TVG desta noite, o cantante remarca o papel de Xuntos e que unha gran parte da súa obra musical dedicouna a Galicia, "abanderando" mesmo polo mundo a música en galego cando era difícil encaixala en produción.
A carta tamén reflexiona sobre o papel de 'Xuntos', que nace coa ilusión de ser "un recordatorio popular e 'enxebre' dos pensamentos que enaltecen o sentir galego que o autor afirma que "ama e respecta".
A misiva tamén fai constar o "orgullo" que, como autor, fanlle sentir as versións de Xuntos e conclúe cunha mensaxe a Galicia, "nai dos mares": "A miña música segue estando ás túas ordes".
Rueda, xunto cun tuit no que afirma que Pardo forma parte "da historia" de Galicia, agradece a "cariñosa" carta ao cantante. "Querémosche, admiramos e lembramos moitísimo. E nestas dúas semanas estarás moito máis preto de nós. Xuntos", conclúe.
Graciñas, Juan. Es historia de Galicia. Xuntos! pic.twitter.com/8ecHSm3bJq
— Alfonso Rueda (@AlfonsoRuedaGal) February 5, 2024
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.