Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2024 | Actualizada ás 19:49
A Xunta activou este mércores o Plan Especial ante o Risco de Inundación en Galicia (Inungal) polo posible desbordamento do río Verdugo ao seu paso polo municipio pontevedrés de Ponte Caldelas.
Segundo informou o 112, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou esta tarde o plan vista a información recibida a través dos sistemas de control e seguimento apuntan a que poderían producirse desbordamentos puntuais.
Desde o 112 Galicia lembran a necesidade de incrementar a precaución nas contornas de pontes ou torrentes, pois poden xurdir dificultades na circulación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.