Arquivan outro parque eólico, entre Cabana e Zas, tras non superar o trámite ambiental

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2024 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

A Consellería de Economía, Industria e Innovación arquivou o expediente para a construción do parque eólico Monte Agrelo e Muriño, situado entre os municipios de Cabana de Bergantiños e Zas (A Coruña), despois de non superar o trámite ambiental.

Nunha resolución publicada polo Diario Oficial de Galicia (DOG) este xoves, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais informa de que se denega a solicitude de autorización administrativa previa e de construción deste proxecto promovido por EDP Renovables España, á vez que se cancela a garantía económica depositada pola empresa de case 2 millóns de euros.

En marzo de 2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental denegou a declaración ambiental a este parque eólico, polo que se iniciou o proceso para a cancelación do proxecto. Agora, con data do 23 de xaneiro de 2024, o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, asina esta resolución de arquivo definitivo de expediente.

Eólico
Eólico | Fonte: Confederación de Empresarios de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta