Promover as agrupacións forestais como ferramenta para valorizar o monte e mellorar o seu aproveitamento

O director xeral de Planificación e Ordenación Foresta, José Luís Chan, reuniuse este luns con veciños e representantes da comunidade de montes veciñais de Mouriscados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2024 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O director xeral de Planificación e Ordenación Foresta, José Luís Chan, reuniuse este luns con veciños e representantes da comunidade de montes veciñais de Mouriscados para explicar aos seus veciños as vantaxes das agrupacións forestais de xestión conxunta que está a impulsar a Xunta.

No encontro, o director xeral coñeceu de primeira man a situación na que se atopa esta Comunidade de Montes, que busca restaurar unha área de superficie dunhas 30 hectáreas afectada por incendios forestais, así como complementala con outro espazo con frondosas autóctonas de particulares que non foron afectadas o lume. Ante eles, José Luís Chan puxo de relevo as agrupacións forestais de xestión conxunta, figuras están recollidas na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que poderían contribuír a conseguir os obxectivos desta comunidade.

Este tipo de agrupacións promoven a unión de parcelas de forma voluntaria, cun requirimento mínimo de 10 hectáreas para poder constituílas, pero mantendo a propiedade das parcelas. Unha das principais vantaxes que ofrecen as agrupacións é que as leiras que se unen a ela non perden a propiedade e, ao mesmo tempo, permítese unha xestión conxunta dos recursos que nelas se atopan. O director xeral lembrou a convocatoria de axudas para o fomento das agrupacións forestais de xestión conxunta e o asociacionismo forestal, cuxo prazo de presentación de solicitudes está aberto desde o pasado 15 de xaneiro, e que está dotada cun orzamento de preto de 2,4 millóns de euros.

Segun explicou, estas achegas dispoñen de tres liñas de actuación. A primeira céntrase na organización de accións de divulgación que impulsen o coñecemento e poñan en valor a importancia estratéxica das agrupacións forestais de xestión conxunta. Para desenvolver esta liña, disponse dun crédito de 200.000 euros.

A segunda liña de achegas busca dar apoio ás asociacións sen ánimo de lucro que teñan como obxecto a comercialización conxunta de produtos forestais. Neste caso, o orzamento é de 400.000 euros e as actuacións subvencionables son a contratación de persoal técnico para a dotación e mantemento de infraestruturas para o desenvolvemento da actividade de comercialización e para o equipamento técnico e materiais necesarios para levala a cabo.

A terceira das liñas de axudas destínase concretamente á creación e apoio das agrupacións forestais de xestión conxunta a través de calquera figura xurídica de natureza civil ou mercantil que promova, impulse e poña en marcha iniciativas de xestión conxunta sustentable e diversificada de terreos dedicados á actividade forestal. A asignación orzamentaria para esta liña de axudas é de case 1,8 millóns de euros.

O director xeral de Planificación e Ordenación Foresta, José Luís Chan, reuniuse este luns con veciños e representantes da comunidade de montes veciñais de Mouriscados. XUNTA
O director xeral de Planificación e Ordenación Foresta, José Luís Chan, reuniuse este luns con veciños e representantes da comunidade de montes veciñais de Mouriscados. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta