Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2024 | Actualizada ás 17:16
O secretario xeral dos socialistas en Santiago, Aitor Bouza, comprometeuse este mércores a declarar Santiago de Compostela como mercado residencial tensionado como primeira medida para mellorar a situación da vivenda na cidade e frear a alza dos alugueres. Así o dixo tras manter unha reunión coa ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, a quen trasladou que un dos obxectivos da súa formación é "que a mocidade, a xente nova", teña a oportunidade de vivir aquí".
Bouza defendeu que o modelo do PSdeG, con José Ramón Gómez Besteiro á cabeza, pasa por blindar "un dereito básico e fundamental" como é o acceso á vivenda. Para iso, os socialistas propoñen un plan con tres alicerces: a promoción de vivenda pública, mobilizar a vivenda baleira e establecer un tope aos alugueres a través da declaración de mercado residencial tensionado, no caso de Santiago.
En relación a esta cuestión, Bouza defendeu o traballo feito polo Goberno de Pedro Sánchez ao aprobar "a primeira lei de vivenda na historia da democracia", unha "mostra do compromiso" deste partido con este dereito. O modelo, profundou, contraponse" ao do Partido Popular", que "aposta porque non exista tal dereito, senón que temos que acudir coma se fose unha esmola".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.