Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2024 | Actualizada ás 14:15
A Deputación de Pontevedra aprobou este venres en Xunta de Goberno a venda de tres parcelas cunha superficie de preto de 85.000 metros cadrados no Polígono de Barro, por un prezo total de 1.012.575 euros. A firma compradora destes terreos é o pontevedresa Lago Aves, Ovos e Caza S.A., que ten previsto instalar alí unha planta de elaboración de cárnicos.
Segundo informou o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López a día de hoxe xa son 25 as firmas que hai instaladas nesta superficie empresarial do concello de Barro. A ocupación actual do polígono é do 78%, con 61 parcelas ocupadas e 15 libres. Son 24 as firmas presentes no polígono, entre elas atópanse Froiz, Fillos de Rivera, Froitas Moncho, Mafari, Marisco Alumar ou Transfrío, entre outras.
Luís López destacou que agora, coa presenza da empresa Lago, "o polígono de Barro é máis un pulmón de emprego e actividade económica para toda a provincia". Pola súa banda, a Deputación tamén está a acometer obras de construción das naves nas que se instalará o Parque de Maquinaria, aínda que estes traballos víronse condicionados pola meteoroloxía e sufriu "un período de parón". Está previsto que os traballos se retomen en 1 de abril.
Agora, tal e como explicou Luís López, a Deputación encara a fase de licitación do asfaltado da parcela do Parque de Maquinaria. "É o paso xa definitivo para logo proceder ao traslado" a estas instalacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.