18F.- Unha fronte fría afectará a Galicia no domingo electoral, con ceos cubertos e choivas na metade norte

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2024 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

A xornada electoral do domingo 18 de febreiro coincidirá coa chegada a Galicia dunha fronte fría polo norte, polo que de mañá predominarán as nubes baixas e o orballo na provincia da Coruña. Así, segundo datos de Meteogalicia, esta fronte deixará en todo o territorio galego ceos cubertos que, a partir de mediodía, poderían deixar precipitacións nas provincias de Lugo, A Coruña e o norte de Pontevedra. En cambio, na provincia de Ourense e no sur de Pontevedra, a pesar de que tamén se prevén ceos encapotados, a probabilidade de que a cidadanía acuda aos colexios electorais con choiva será inferior ao resto da comunidade.

Unha persoa con paraugas para protexerse da choiva camiña pola rúa
Unha persoa con paraugas para protexerse da choiva camiña pola rúa | Fonte: Gustavo de la Paz - Arquivo

En canto ás temperaturas, as mínimas experimentarán un lixeiro ascenso con respecto a días anteriores, mentres que no terzo norte as máximas descenderán. Así, os termómetros alcanzarán o domingo de votación unhas máximas que oscilarán entre os 15 graos da Coruña e os 21 de Ourense, mentres que as mínimas situaranse entre os 9 graos de Lugo e Ourense e os 12 de Ferrol e A Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta