Por Europa Press / Redacción | LUGO | 18/02/2024 | Actualizada ás 11:02
Os bombeiros tiveron que retirar o teito dun vehículo para poder liberar ao condutor atrapado dentro. Os feitos ocorreron no Vicedo. Segundo informou o 112, o vehículo saiuse da vía na LUP-6402, tal e como explicaron as persoas que chamaron ao servizo para alertar do ocorrido.
O vehículo saíuse da vía nese punto e quedou envorcado lateralmente. Para poder sacar o condutor, os Bombeiros de Viveiro retiraron o teito do coche. O equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 encargouse de trasladar o ferido ao Hospital de Burela, aínda que apenas apreciaron lesións de importancia. No operativo tamén interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.