Por XoseRios | GC ABERTO | 28/02/2024
Feijoo afirmaba que “Se hai unha comunidade onde se parou ao nacionalismo é Galicia“. Sendo militante do BNG observei como o ascenso de Podemos xiraba arredor dun líder, Pablo Iglesias catapultado dende a Sexta TV. Este mesmo argumento tamén se insinuo co ascenso de Beiras no 2009. Acaso non é Rueda un home de palla convertido en Presidente? En Junts, ERC, Bildu e Unidas Podemos podense preguntar porque o BNG non ten causas “xudicias” abertas como teñen eles. O chamado efecto Pontón non me encadra dentro dun avanze colectivo do Movemento Liberación Nacional Galego, porque soialmente non o hai ren. Mais ben o entendo na instrumentalización que fai o PP de Galiza para desgastar o Governo do PSOE. Un avance o do BNG que non foi a costa do PP, único culpable da desfeita.
Aínda sabedores dos méritos da compañeira Pontón, a calqueira lle resultaría máis doado darse a coñecer por medio de entrevistas na Voz de Galicia que acudir a decenas de reunións ou asambleas para consolidar un liderazgo. Por qué non beneficiarse tamén dos medios? Mais non vale calqueira. Ao contrario de figuras como Jorquera ou Guillerme Vázquez, Ana Pontón apenas confronta no ideolóxico. O súa tibieza conleva ir a rebufo dos feitos. A falla de profundidade e behemencia discursiva é instrísico nela
O certo é que o medre institucional do BNG na Galiza para ben pouco serviu até o de agora. As denuncias encarreiradas no reformismo, teñen un dobre efecto . Un facer que se fai, máis tamén lexitima a actución do PP. A acción política institucional tal como a plantexa o BNG, convertese nalgo enervante e derrochador do potencial popular. O povo non vai madurar nin coller conciencia dos seus problemas cando se lle escoita pouco e se lle fala con eslóganes de campaña lanzadas a destempo. Un partido de esquerdas nunca renunciaría á concienciación do seu povo e para eso requírise decir a verdade aínda que poida ter un coste electoral. Acaso a nosa nai non nos berra polo ben noso?
Quizais son demasiadas insinuacións. Mais teño motivos para a preocupación. A asfisia productiva, emigración estructural, perda de identidade, o enchufismo político, a pobreza sistémica, privatización dos servizos básicos,… veñen acompañadas dunha nova maioría do PP. Nin as amonestación e sancións da Xunta Electoral son motivo de petición de dimisións no PP. Acaso aceptaría o PP se fora ao revés? Porqué non decimos estar “até a cona” do caciquismo como decimos do machismo?
A recesión en occidente agravada pola insaciabel banca, obrigalle máis que nunca a ter que manter a orden. Os mecanismo para continuar con esta perversión pasa por saber canalizar o descontento colectivo. O control das mensaxes que conforman as ideas e a conducta da xente forma parte do noso expolio. E este control faise a través dos medios de comunicación. Aprendamos a ser críticos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.