Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2024 | Actualizada ás 12:50
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Sergas fixo un chamamento á poboación a que acuda a doar sangue, especialmente dos grupos A+, A-, 0+, 0-, B+ e B-, por ser os que teñen os niveis máis baixos. Con todo, as reservas destes grupos atópanse en niveis normais, mentres que as dos restantes (AB positivo e AB negativo) están nun nivel bo.
ADOS advertiu de que nos hospitais haberá moitas persoas que necesitan recibir unha transfusión por diferentes motivos e para poder atendelas estima que necesitan 500 doazóns de sangue cada día. Neste contexto, a Axencia de Doazóns fai un chamamento á poboación para que se achegue ás unidades móbiles que diariamente percorren as catro provincias galegas, así como a algún dos sete puntos permanentes situados nas cidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.