Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/03/2024 | Actualizada ás 15:35
A Policía Local de Barbadás e a Garda Civil de Ourense buscan a un home que se deu á fuga tras agredir a un condutor por unha discusión de tráfico na localidade da Valenzá.
Segundo confirmaron fontes da investigación a Europa Press, os feitos sucederon a última hora da tarde do sábado á altura do número 139 da avenida de Celanova.
Na pelexa había dous homes implicados e, á chegada da Policía Local, un deles emprendeu a fuxida no seu vehículo, mentres que o outro implicado tivo que se trasladado ao hospital xa que presentaba feridas na cara e tiña dor nas costelas.
Todo comezou, segundo as mesmas fontes, por unha discusión de tráfico que finalizou nunha pelexa violenta.
As primeiras dilixencias foron instruídas pola Policía Local de Barbadás e posteriormente trasladáronas á Garda Civil de Ourense que continúa coa investigación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.