Como xa contamos aquí, o conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, segue dando exemplo á hora de aprender e falar galego, a diferencia doutros colegas do Consello da Xunta. O conselleiro, que está acudindo a clases de galego, tamén aproveita os seus tempos libres para ler libros nesta lingua. Segundo nos contan, estes días o viron lendo a obra Herba Moura de Teresa Moure, premio Xerais en 2005.
A día de hoxe moitos votantes do bnga,votarían incliso ó pp, e iso sabédelo. O descontento e claro, os bneguistas que agora están tan contentiños no poder non fan honra a os militantes. Encántanlles as secretarias, os coches oficiais, os agasallos, os paseos en barco do donos de constructoras..., e a veces non reciben nin ós seus propios alcaldes (o tempo non chega para disfrutar o que nunca mais verán). Iso si, o importante e falar galego ainda que se burlen dos galegos
13pendencias
Anxo, erache boa. Claro, todos sabemos da incompetencia das consellarias do BNG, todos sabemos também da competencia das do PSOE, e ninguén sabe ainda ren dos 16 anos do réxime de Fraga. Cousas de ler La Voz, e todos sabemos esas cousas.
12pirolas
Pois fai o que debe, cumplir a lei de normalización lingüística e o estatuto que obriga ó goberno da Xunta a favorecer o uso do galego e demais................
11anxo
Xaime, volve a leer e céntrate. A min dame o mesmo o teu rollo político contra o pp, dame o mesmo o pp. Volve leer anda que eu falo de outras cousas. Nembargantes quéroche dicir que xa está ven de esconderse nos erros dos demais para ocultar a incompetencia propia e todos sabemos da incompetencia das consellerías rexidas polo bnga, bueno todos non, a característica dos dogmáticos e creer, non analizar. espero que che parezca mal, pero e o que penso
10Lagarto
Parece mentira. Dando clases de galego, e resulta que o post inicial, o da nova, vai con un "estes días o viron lendo a obra Herba Moura de Teresa Moure" cando é vírono lendo. Estou farto dos que falan e escriben galego enlatado e que van dando leccións por aí aos outros todos (urbanitas que falan en castelán e non urbanitas que non falan o galego normativo tamizado por unha TVG surrealista e una Real Academia que dá máis bandazos que unha peli mala de suspense.