O Concello de Santiago consultará se a taxa turística presentada pola Xunta é "xuridicamente válida"

"Díxose que esa lei estaba xa desenvolvida na lei de acompañamento, pero non está. Hai un novo compromiso, que nos parece vago e impreciso, e niso estamos a traballar desde o departamento para confirmar se tal e como aparece recolleito é xuridicamente válido", manifestou a portavoz municipal Míriam Louzao.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2024 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia