Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2024 | Actualizada ás 15:00
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, considerou "fundamental o diálogo social" despois de que a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, expuxese reformular esta cuestión e dixese que é unha "tolemia" que os restaurantes permanezan abertos á unha da madrugada.
En declaracións a Europa Press, Rivo asegurou que "para chegar a un acordo beneficioso para todos" se debe falar "con todas as partes", é dicir, coas empresas, sindicatos e institucións. "Non se pode tomar unha decisión de forma unilateral", declarou a conselleira en referencia á formulación de Díaz de adiantar o peche da hostalaría a un horario para equiparar a España co resto de Europa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.