A CRTVG, o gran enigma do seu director xeral e a futura batalla política da XII Lexislatura

Alfonso Sánchez Izquierdo vai facer 15 anos anos como director xeral, sete deles como director "transitorio". A súa substitución só sairá dun acordo por maioría de tres quintas partes da Cámara, algo que se antolla complico. A UPG xa avanzou públicamente "unha confrontación política directa para rescatar este medio para o servizo público".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 13/03/2024 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A CRTVG vaise converter nunha das principais frontes de batalla política nesta nova lexislatura. A dirección do ente público leva anos sendo criticada polos partidos da oposición por traballar, din, ao servizo do PPdeG, e por utilizar o ente público como un "altofalante" deste partido e do seu presidente. Unhas acusacións que poden ir a máis.

Un momento das especial eleccións da TVG.. CRTVG
Un momento das especial eleccións da TVG.. CRTVG

E no centro da diana de todas as críticas está Alfonso Sánchez Izquierdo, o seu director xeral, que leva no cargo case 15 anos e, desde 2016, co mandato prorrogado "sine die" por falta de acordo político para a súa substitución. Desde 2011, a Lei de Medios de Galicia esixe unha maioría cualificada para nomear ao director xeral da CRTVG, é dicir, tres quintas partes da Cámara galega.  Polo que a decisión para nomear un substituto pasa polo acordo do PP co BNG ou do PP con, cando menos, dúas forzas políticas. 

Sánchez Izquierdo chegou ao cargo da man de Alberto Núñez Feijóo, en 2009, tras deixar en xullo de 2008, a dirección do xornal La Región. Naquel momento, PPdeG e PSdeG cociñaron o seu nomeamento. Os socialistas, liderados entón polo ex conselleiro Pachi Vázquez deron o visto e prace. Unha decisión que hai que entender pola amistade que o tamén ex alcalde do Carballiño tiña con Sánchez Izquierdo pola súa etapa de director do xornal La Región. 

DIRECTOR XERAL "TRANSITORIO"

En 2016, agotado o mandato e ante a falta de acordo para a renovación, o PP buscou unha solución de urxencia na lei de acompañamento dos orzamentos e aprobou unha enmenda que recollía que se non había acordo para a súa substitución, o cargo "corresponderá transitoriamente á persoa que sexa titular da dirección xeral da Compañía". E desde entón, Sánchez Izquierdo segue de director xeral transitorio.

Estudio 300 da CRTVG. CRTVG
Estudio 300 da CRTVG. CRTVG

Unha transitoriedade que tamén continuou durante o último ano de goberno de Alfonso Rueda pero que podería chegar a súa fin. O propio Sanchez Izquierdo, con case 75 anos, xa manifestou en privado que non ten ganas de continuar. "Xa quería deixalo no 2020, pero Feijóo convenceuno para seguir", apuntan fontes próximas ao director xeral a Galicia Confidencial. Coa chegada de Rueda, en 2022, volveu insitir na súa petición pero o novo presidente galego dixo que aguntara ata o final da lexislatura.

E, co inicio da nova lexislatura iniciase, novamente, unha partida de cartas de difícil resultado. O PPdeG ten que negociar cos principais partidos galegos un novo nome para a dirección do ente público. Pero o acordo non é nada doado. En fronte, ten a un PSdeG debilitado e a un BNG crecido que xa dixo que quere cambiar de raíz a televisión e radio públicas. As contas cos socialistas xa non lle dan como lle daban no 2009 e  mesmo sumando na ecuación ao único deputado de Democracia Ourensana, un nome de consenso sería complicado. Así que a substitución de Sánchez Izquierdo semella, novamente, moi complicada.

DIFÍCIL ACORDO

E todo isto cando tanto o BNG coma o PSdeG anuncian unha oposición contundente na Cámara galega e, especialmente, os nacionalistas no que ten que ver cos medios públicos. De feito, foron os máis críticos en plena campaña coa manipulación da CRTVG e días despois da vitoria do PP denunciaron a "purga" dun dos colaboradores habituais da canle pública,Rogelio Santos Queiruga.

Este mariñeiro, patrón, presidente de Plademar Muros-Noia, divulgador e comentarista en diversos programas da televisión pública galega, denunciou publicamente que dende a TVG non o chamaron máis para colaborar dende que apoiou abertamente ao BNG nun vídeo con motivo da campaña electoral e dende que criticou a xestión da Xunta durante a crise dos pélets.

Tamén en plena precampaña electoral a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denunciou no Parlamento Europeo a "manipulación existente" na televisión e radio públicas de Galicia, así como o "incumprimento" por parte do Executivo galego da directiva de servizos de comunicación audiovisual e a "falta" dos principios de imparcialidade, pluralismo e non discriminación.  Ante a comisión de peticións da Eurocámara condenou a "ocultación" e "continuos atrasos" no tratamento da petición presentada o pasado ano polo Comité Intercentros da CRTVG.

A UPG XA AVISOU

Unhas críticas que continuarán nesta lexislatura. De feito, o Secretariado Político da UPG, o principal partido do BNG xa apuntaba directamente á CRTVG nun documento aprobado ste pasado luns, 4 de marzo. "É preciso subliñar a escandalosa utilización partidista dunha CRTVG que se desde hai 15 anos vén funcionado ao ditado dos intereses do Partido Popular, nesta campaña superou todos os límites até ser indistinguíbel do aparello de propaganda do PP. Isto coloca como tarefa urxente a denuncia social ampla e a confrontación política directa para rescatar este medio para o servizo público", apuntada.

Por iso, agardase por parte da oposición, e cando menos, por parte do BNG unha "confrontación política directa" no que ten que ver coa CRTVG, o que fai moi complicado a elección dun novo director xeral.

Alfonso Sánchez Izquierdo
Alfonso Sánchez Izquierdo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Xanc

Pois paréceme moi ben a postura da UPG. Basta xa de manipulación! Ao PP non lle interesa cambiar a Izquierdo, manipula mellor se está el

1 eu mesmo

ogalla sea certo e por fin se acaba ca dictadura informativa da tvg, ata poderia voltar a ver ese canle o mellor.