Solidariedade Galega con Palestina pide entrevistas con Rueda e Sánchez Izquierdo polo seu "silencio" e "inacción".
  comenta   0
Destaca que é "un exceso de retórica dicir que a folga é histórica". Traballadores da Corporación maniféstanse ante o Parlamento coincidindo coa comparecencia do director xeral.
  comenta   0
Rueda di que "non lle consta" que Alfonso Sánchez Izquierdo "chegara ao final do seu periodo" como máximo dirixente dos medios públicos galegos.
  comenta   0
Alfonso Sánchez Izquierdo vai facer 15 anos anos como director xeral, sete deles como director "transitorio". A súa substitución só sairá dun acordo por maioría de tres quintas partes da Cámara, algo que se antolla complico. A UPG xa avanzou públicamente "unha confrontación política directa para rescatar este medio para o servizo público".
  comenta   2
A deputada socialista Noa Díaz censurou que na CRTVG se abordarse a cuestión dos ventres de aluguer como historias "felices" en lugar dun tratamento no que se tivesen en conta voces expertas.
  comenta   0
O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, asegura que o cinema "non funciona ben", pero "non funciona ben en xeral", algo que ten que ver con que a "xente ve máis películas en plataformas".
  comenta   0
Anxo Lugilde, xornalista lugués con fortes vínculos con Cataluña, denuncia nesta entrevista o forte control informativo que exerce a Xunta sobre os medios de comunicación. Lugilde escribiu o libro "A Vella Compañeira", unha reflexión sobre as orixes e consecuencias da depresión que atravesou nos últimos tempos. Neste documento repasa cales foron os acelerantes do seu "baile" coa "vella compañeira", quen foi quen en cada paso cara o decaemento e quen foi quen cando houbo xente que o axudou nun proceso de recuperación que leva tempo.
  comenta   9
Sánchez Izquierdo destacou o dato de superávit das contas, que a oposición vencella a un "recorte sen precedentes".
  comenta   0
O director xeral CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, destacou que a comisión interna de acoso laboral "determinou que non se percibe ningún caso de acoso fronte a esta persoa".
  comenta   0
"Parécenos que isto non é unha anécdota, é un feito moi grave", insistiu a líder nacionalista, polo que "merece moito máis que unha desculpa" por parte da CRTVG por "non estar á altura" da situación.
  comenta   0
Sánchez Izquierdo di que se produciron "50 referencias" ao caso nos informativos da TVG e o PSdeG acúsao de "silenciar" as protestas.
  comenta   0
Os grupos da oposición aproveitaron para acusar á dirección da CRTVG de "contradicir" os principios deontolóxicos e as recomendacións para o tratamento de casos de violencia de xénero ao emitir pezas que "caían no morbo" con "fontes pouco fiables" ou declaracións de achegados ás vítimas.
  comenta   0
Alfonso Sánchez Izquierdo, negou "vetos" a artistas na televisión e a radio públicas galegas e critica duramente ao Colexio de Xornalistas, entidade que organiza o Premio José Couso.
  comenta   1
O director xeral da corporación, Alfonso Sánchez Izquierdo apelou a que os traballadores da empresa "representan a imaxe da empresa non soamente coa vestimenta, senón tamén cos seus comportamentos".
  comenta   1
Foi durante a comisión Parlamentaria onde acusaron á CRTVG de "manipulación" por parte das deputadas da oposición, no día en que se cumprían 45 'Venres negros' de protestas de traballadores.
  comenta   0
O director xeral explica que os novos cambios van acordes coa transformación do ente público en Corporación. Créanse novos departamentos e fusiónanse as competencias da RG e da TVG. Chegan novos cargos e cesan históricos cargos vinculados a época de Manuel Fraga. “É un golpe de man de Sánchez Izquierdo para asentar o control interno”, apuntan fontes consultadas.
  comenta   16
Sánchez Izquierdo, sobre a negativa a emitir as escoitas ao ministro do Interior: "Non damos gravacións que non proceden de sumarios"
  comenta   1
O director xeral da CRTVG di que non e responsabiliza das informacións ao "criterio" dos xornalistas. Toda a oposición na Cámara mantén o contrario e acusa ao ente público de non abordar con pluralidade cuestións como os conflitos no novo Hospital de Vigo ou a denuncia contra José Manuel Baltar.
  comenta   8