BNG e PSdeG denuncian un "ambiente irrespirable" na CRTVG, que o PP destaca como "exemplo" de información

Unha afonía de Sánchez Izquierdo obrigou este martes a aprazar o seu comparencia na comisión parlamentaria do ente público

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 28/02/2023 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

Os grupos da oposición no Parlamento galego, BNG e PSdeG, manifestaron o seu apoio á convocatoria de folga dos traballadores da CRTVG para o 6 de marzo. Ambos os grupos coincidiron en denunciar a existencia dun "ambiente irrespirable" polas "imposicións" dunha dirección do ente público "a servizo do Partido Popular".

Fronte a estas críticas, o portavoz do PP galego, Pedro Puy, respondeu que a radiotelevisión pública de Galicia "é un exemplo de xestión" tanto a nivel económico como en "capacidade para informar" como, di, referendan os seus datos de audiencia.

"Cando unha televisión é exemplo de manipulación, as audiencias caen", aseverou Puy este martes a preguntas dos xornalistas, aos que asegurou que "descoñece" os motivos polos que a asemblea de traballadores da CRTVG aprobou unha xornada de 24 horas de folga a partir deste luns 6 de marzo.

Nun comunicado, o comité intercentros sinalou como motivos detrás da convocatoria reclamar "o cesamento dos abusos e restablecer un clima laboral respectuoso cos dereitos" dos traballadores do ente público, así como "erradicar o trato degradante" que "persoas con superioridade xerárquica e funcional inflixen" aos traballadores ao seu cargo.

O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, en comisión
O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, en comisión | Fonte: Europa Press

O DIRECTOR NON COMPARECE POR UNHA AFONÍA

Este martes, o portavoz do PSdeG na Cámara galega, Luís Álvarez, e o deputado do BNG Luís Bará trasladaron o respaldo das súas formacións políticas ás reivindicacións da mobilización dos traballadores do ente público.

Este martes, o director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo viuse obrigado a aprazar a súa comparecencia ante a Comisión parlamentaria da CRTVG debido a unha afonía. O director xeral do ente público desde o ano 2009 acudiu ao Pazo do Hórreo, pero pediu aos grupos pospor a súa comparecencia debido a un problema na voz co que se espertou na mañá deste martes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta