Rueda acusa ao TSXG de non pensar nas consecuencias de remitir a paralización eólica ao Tribunal Europeo

"Non vou dicir que me gusta...Chama a atención polas consecuencias e as actitudes", asegura tras ser preguntado directamente por Luis Villares, o maxistrado titular da sección 3ª da Sala do Contencioso Administrativo, responsable desta medida.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/03/2024 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta dixo respectar, pero non compartir, a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de pedir amparo ao Tribunal Europeo sobre a paralización dos proxectos eólicos en Galicia e acusou a este tribunal de non pensar nas consecuencias que esta decisión ten para a economía do país. Así, calificouna de "curiosa" e "singular".

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, en rolda de prensa.. XUNTA
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, en rolda de prensa.. XUNTA

Visiblemente molesto, Rueda evitou apuntar directamente ao ex líder de En Marea, Luis Villares, maxistrado titular da sección 3ª da Sala do Contencioso Administrativo, de onde saíu esta decisións, pero lembrou que as decisións adoptadas por esta sala sobre paralizacións eólicas "xa foron enmendadas polo Tribunal Supremo". "E agora decide acudir ao Tribunal Europeo, unha decisión que leva á paralización de todos os proxectos", dixo.

En declaracións aos medios logo do Consello da Xunta, Rueda insistiu en que todas as instalación eólicas están supervisadas por técnicos da Xunta e lembrou que, algunhas delas, xa foron denegadas por non cumprir a normativa. "E os que se aprobaron é porque cumprían coa normativa en vigor", sinalou. Así, anunciou que a Xunta alegará ante o Tribunal Supremo a decisión do TSXG. "Non vou dicir que me gusta", dixo sobre o choque de competencias xudiciais ao lembrar que xa o TS anulou as resolucións do TSXG.

"CURIOSO" E "SINGULAR"

"Resultame curioso que isto --as decisión do TS-- non valga para nada e se decida ir a outro tribunal. Chama a atención polas consecuencias e as actitudes. A Xunta reaccionará e tamén algúns dos afectados", avanzou en alusión ás empresas eólicas.

Pregundado porque se sorprende que se vaia á xustiza europea neste tema, e non no da Lei da Amnistía, Rueda dixo que son cousas diferentes porque, neste caso, o TSXG "ignorou" o pronunciamento do TS e que se actúa "de xeito diferente" ao doutras autonomías. "É unha actuaciónn singular como se o TSXG non dictaminara sabendo as repercuscións que ten", afirmou.

EÓLICOS VILA DE CRUCES

Doutra banda, a Xunta declarou "ambientalmente viable" a evacuación da liña eléctrica de dous parques eólicos, chamados Cunca --municipio de Vila de Cruces-- e Rodeira --entre Vila de Cruces e Lalín--, sempre que se cumpran os condicionantes postos ao proxecto. Así figura na resolución da directora xeral Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, María Sagrario Pérez Castellanos, que publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) este xoves.

Esta liña eléctrica conta cunha lonxitude de 6,7 quilómetros, e é un proxecto eólico impulsado por Green Capital Power. O prazo estimado de execución de é oito meses.
No expediente de trámite ambiental da Xunta figura que se realizaron modificacións sobre a localización orixinal de varios apoios do tendido para non afectar a superficie arbórea, á vez que se moveu o emprazamento primeiro que se prevía para a subestación co fin de situala fóra da área de influencia da Mámoa do Coto de Santa Cruz.

Segundo o estudo de impacto ambiental, prodúcense tres cruces da liña sobre os ríos Oza, Carrío e Deza, aínda que non se prevé afectar a humidais inventariados. Aínda que ningunha das infraestruturas estará sobre hábitats prioritarios, tense constancia de varias especies de protexidas na zona, tales como a ra ibérica ou o aguilucho cinzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta