8M.- Unha compilación de Xornalistas Galegas eloxia a perspectiva de xénero nos medios de comunicación

Segundo informou a asociación, as pezas seleccionadas promoven a visibilización das mulleres "máis aló" de "roles sexistas" e situándoas "como referentes sociais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2024 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

A asociación Xornalistas Galegas eloxiou a perspectiva de xénero presente en máis de medio centenar de informacións recompiladas a modo de selección polo colectivo con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das mulleres.

Mediante a súa páxina web e redes sociais, esta asociación busca contribuír á difusión destes traballos e exemplificar con eles as recomendacións que rexen o xornalismo en defensa da igualdade entre mulleres e homes.

A compilación inclúe informacións, reportaxes e análises publicadas polos medios de comunicación estatais e galegos, ao longo do último ano, nos que se mostra a perspectiva feminista e a "vontade de usar" o xornalismo como "ferramenta contra o machismo".

Segundo informou a asociación, as pezas seleccionadas promoven a visibilización das mulleres "máis aló" de "roles sexistas" e situándoas "como referentes sociais".

Entre as pezas seleccionadas están as de Patricia Calveiro e Tamara Montero (La Voz de Galicia), Alba Chao, Elena Ocampo e Carolina Sertal (Faro de Vigo), Patricia Casteleiro (A Rexión), Belén Teiga (O Correo Galego), Neves Neira (O Progreso) e Ana G. Liste (Praza Pública), entre outras autoras.

Integrantes do colectivo Xornalistas Galegas
Integrantes do colectivo Xornalistas Galegas | Fonte: Xornalistas Galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta