Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/03/2024 | Actualizada ás 17:53
Unha granxa de Manzaneda deberá facer fronte a final desta semana a un baleirado sanitario, o que implica o sacrificio de todas as súas reses ao detectarse tuberculose bovina. Diso informa o Sindicato Labrego Galego (SLG), que pide apoio á Xunta para esta explotación que terá que asumir perdas superiores aos 32.000 euros.
Nun comunicado, remarca que estas medidas de baleirado sanitario "non só implican un prexuízo económico para as persoas gandeiras, senón tamén un impacto emocional", polo que insta a unha maior "empatía" por parte da Administración galega. Subliña que se estima que un baleirado sanitario supón unhas perdas de 800 euros por cada animal sacrificado. Así, lamenta que no caso desta explotación de Manzaneda as axudas prometidas non cobren a perda total da explotación, incluído o lucro cesante. "Toda a ilusión e aforros dunha vida investidos nesta explotación de vacún de carne de alto rendemento desvanécese nun dicir amén", lamenta o Sindicato Labrego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.