EU denuncia "atrasos de tres semanas" en citas do centro de saúde de San Roque en Vilagarcía

Retan ao PP a demostrar que "a Galicia que funciona" non era "unicamente un eslógan de papel mollado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2024 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

O grupo municipal de EU denunciou este martes que está a recibir "moitas queixas" de usuarias e usuarios do centro de saúde de San Roque, en Vilagarcía de Arousa, que na pasada xornada foron notificados de "atrasos nas súas citas de Atención Primaria de máis de tres semanas".

Así, nun comunicado, EU concreta que varias pacientes "foron citadas para o día 4 de abril". Respecto diso, remarcou que a situación é "inaceptable", ademais de retar ao PP a demostrar que "a Galicia que funciona" non era "unicamente un eslógan de papel mollado", e se poña a traballar para resolver o problema "de forma inmediata".

EU, ademais, puxo o acento en que volva constatarse que a problemática da Atención Primaria en Vilagarcía "non ten moito a ver coa necesidade ou non de novas infraestruturas, senón coa necesidade de máis profesionais para atender aos pacientes". Neste escenario, instou ao goberno local a "preocuparse por reclamar os medios necesarios" para os centros de  saúde do municipio e a asumir "o liderado" nas "xustas" reivindicacións veciñais "de forma continua" e non "exclusivamente en períodos electorais".

"A nosa Atención Primaria se desangra ante a inacción dos gobernos da Xunta, que compracidos cos resultados electorais esquecen as necesidades básicas da cidadanía, como o coidado da saúde", queixouse EU, quen alertou das consecuencias como "colapsos de urxencias" ou atrasos en diagnósticos graves, entre outras.

Cita de consulta para o centro de saúde de San Roque, en Vilagarcía.. PANTALLAZO DIFUNDIDO POR EU
Cita de consulta para o centro de saúde de San Roque, en Vilagarcía.. PANTALLAZO DIFUNDIDO POR EU | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta