Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2024 | Actualizada ás 18:27
A Real Academia Galega (RAG) celebrará o vindeiro martes, día 19, o Día da Poesía cun diálogo xeracional coa tradición e a memoria da poesía civil a través da obra de Celso Emilio Ferreiro.
Dez poetas de distintas idades escollerán versos do autor de 'Longa noite de pedra' para conversar con eles desde a creación propia, precisa.
O encontro, de entrada libre, terá lugar a partir das 19,00 horas na Fundación Luís Seoane, explica a institución académica sobre esta actividade.
Anxo Angueira, Rosalía Fernández Rial, Ana Romaní, Oriana Méndez, Chus Pato, Ismael Ramos, Alfonso Pexegueiro, Rafa Vilar e Marilar Aleixandre son os autores e autoras que participarán no mesmo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.