Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/03/2024 | Actualizada ás 19:57
Un home tivo que ser liberado este luns despois de que lle queda unha perna atrapada no gardabarros do seu tractor, no municipio ourensán de Padrenda.
Ocorreu pouco antes das 18.30 horas da tarde, cando o propio implicado chamaba á Garda Civil para informar de que tiña unha perna entre a roda e o gardabarros. Foron os axentes os que avisaron ao 112 Galicia.
Para o operativo, a central de emerxencias solicitou a participación de Urxencias Sanitarias-061 e do GES de Ribadavia. Os efectivos deste último confirmaban, pasadas as 19.00 horas, que o home estaba liberado e que fora atendido polos sanitarios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.