Volven as marchas da dignidade

As 60 organizacións da esquerda galega que colaboran nas marchas da dignidade xa comezaron o traballo para unha nova edición. Desta volta, a marcha final será o 24 de outubro na Praza do Obradoiro. Antes, e a modo de preparación, haberá mobilizacións nas sete cidades do país.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/09/2015 | Actualizada ás 22:01

Comparte esta noticia

Así, o xoves 8 de outubro haberá manifestacións nas 7 principais urbes. Será as 20 horas da tarde, salvo en Ferrol, que será as 18:30 horas.

A música galega marcou o paso da Marcha da Dignidade na Castellana, na edicción de 2013
A música galega marcou o paso da Marcha da Dignidade na Castellana, na edicción de 2013 | Fonte: Miguel Núñez

Nalgúns concellos como O Barco e A Coruña xa se presentaron por rexistro mocións para que os municipios apoien a iniciativa oficialmente. Mocións semellantes entregaranse en varios concellos de todo o país.

Nas mocións denúnciase que "a chamada crise económica lonxe de rematar chegou para quedarse, por moito que algúns utilicen certos indicadores económicos para aparentar unha mellora que nada ten que ver coa realidade nin cos sectores populares".

As marchas da digniddade levan máis de dous anos mobilizándose na rúa "para esixir o remate das políticas que agreden á maioría social golpeada pola chamada crise". Esta cooperación entre tantos axentes a pé de rúa foi un dos xermes que cristalizou nas mareas que, en termos xerais, lograron uns bos resultados en Galicia o pasado 24M.

As novas mobilizacións chegarán en plena precampaña das eleccións xerais. Tameń estarán marcadas polas negociacións cara a organización da esquerda galega para eses comicios de decembro, negocaicións que arestora tentan construír unha única Marea Galega.

Un momento da viaxe no tren da columna galega da Marcha da Dignidade de 2013
Un momento da viaxe no tren da columna galega da Marcha da Dignidade de 2013 | Fonte: Miguel Núñez

A Marea Atlántica, que goberna na Coruña, xa anunciou o seu apoio as Marchas porque a Marea Atlántica "creouse para dar resposta, desde o concello, a unha demanda de cambio no xeito de facer política, desde a honestidade e a transparencia, na procura do ben común e na defensa das persoas máis necesitadas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 morasleira

Xa veremos en queda eso da honestidade , transparencia e bla, bla, bla... no fin dos feitos. Aposto a que quedará en nada. Po-lo xeral acabase cumplindo aquelo que escribia Gongora: Andeme yo caliente y riase la gente. Tempo o tempo.

1 Malos tempos...

As marchas da dignidade eran moito mais dignas (valga a redundancia) reais en canto a non pre fabricada, e de concencia reivindicativa dende unha perspectiva de clase, que as suas homologas españolas 15Memez. Eran un contrapunto e unha evolución, impulsada polo sector mais concenciado de IU, asociación afín e sindicatos satélites, que se negaban a ser engolidos por Potemos. Chama a atención que Julito e demais trepas mareantes, claudicantes con Potemos, boten man de elas, violando a sua filosofía por afans electoralistas.