Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 02/04/2024 | Actualizada ás 16:38
Unha muller resultou ferida na tarde deste martes nun accidente de tráfico rexistrado na localidade pontevedresa de Cerdedo-Cotobade. En concreto, o sinistro tivo lugar pasadas as 14.00 horas na estrada N-541, ao seu paso pola parroquia de Tenorio, onde o vehículo no que viaxaba a muller saíuse da vía e quedou envorcado. O 112 Galicia mobilizou ata a zona a efectivos dos Bombeiros de Ribadumia, Deza e Pontevedra, Protección Civil de Cerdedo-Cotobade e Garda Civil de tráfico, así como unha dotación sanitaria do 061 que trasladou á muller ao hospital.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.