Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/04/2024 | Actualizada ás 15:51
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, insiste en defender a megacelulosa e planta de fibras téxtiles que a multinacional Altri quere construír en Palas de Rei ao tempo que critica duramente a partidos políticos e colectivos sociais e medioambientais que se opoñen a este proxecto sen coñecelo.
Este xoves volveu a insistir na necesidade de iniciativas empresarias como esta para dinamizar económicamente entornos deprimidos e destacou os "postos de traballo" que Altri pode crear na comarca. E é que para a Xunta priman máis os argumentos económicos que os ambientais para defender un proxecto que, en todo caso, aínda non foi aprobado.
Por iso, Rueda inistiu nos controis que se farán para aprobalo. "Todos os impactos e as consecuencias que terá este proxecto iranse vendo segundo avance a tramitación e os estudos dos organismos técnicos", dixo "Estou convencido de que se neste ou noutro proxecto non se cumplen as condicións obrigadas non se van otorgar permisos, e se se ortorgan, é porque hai seguridade de facelo", suliñou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.
"E iso é o que lle quero transmitir aos cidadáns, máis alá de de plantexamentos demagóxicos. Se se pode facer, farase, e se non, non. Non podemos prescidinr de moitos postos de traballo, especialmente, en zonas nas que son necesarias", manifestou.
Preguntado por GC sobre os postos de traballo que esta megaindustria destruirá, entre eles, gandeirías, explotacións agrícolas, negocios artesáns ou turísticos, Rueda insistíu en que se Altri se instala en Palas de Rei é "porque pode estar aí" e será por que "terá efectos beneficiosos" para a comarca."Se hai prexuízos agardo que sexan compensados e que sexan máis os aspectos beneficiosos que os prexuizos", insistiu. "Pido paciencia e seremos rigurosos e obxectivos nas nosas actuacións", concluíu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.