Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2024 | Actualizada ás 20:44
O condutor dun camión resultou ferido tras saírse da vía na A-52, en dirección O Porriño, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Ponteareas. Segundo informou o 112, foron varios os particulares que minutos despois das 16,00 horas deste venres deron a voz de alarma e indicaron que o home podía estar atrapado.
Así, a central de emerxencias deu aviso Urxencias Sanitarias de Galciia-061, ao GES de Ponteareas, a Protección Civil de Ponteareas, á Policía Local, á Garda Civil e aos Bombeiros de Vigo.Unha vez no punto, o GES informou de que o home non estaba atrapado e que fora trasladado ao hospital.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.