Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/04/2024 | Actualizada ás 15:03
Este 8 de abril celébrase o Día Mundial da Empanada, un produto versátil na cociña con múltiples opcións para gozar do seu recheo. É o plato nacional galego, con permiso, iso si, do caldo e do cocido. De peixe, carne, verduras, a empanada é un produto que non falta nas mesas das cociñas galegas. As combinacións son infinitas para un prato simple pero que garda os seus segredos para que sexa perfecto.
Hai quen di que a empanada tivo a súa orixe en Persia hai máis de 2.000 anos e chegou a España coa entrada dos árabes na Península Ibérica, no século VIII. Os árabes elaboraban unha especie de empanadillas de trigo recheas con carne de cordeiro que, anos despois, revolucionaron con múltiples variedades de recheo e forma segundo o territorio no que se realizasen.
COS SUEVOS
Pero en Galicia xa chegaron antes, cos suevos, e hai constancia delas desde o século VII. Estaba na tradición culinaria dos pobos xermánicos, xa que era unha comida ideal para as xentes que se movían dun lado a outro. A súa preparación, xa cuberta, permitía evitar o contacto do interior co po das estradas. E tal foi o seu arraigo en terras galegas, que as empanadas aparecen xa esculpidas no século XII no Pórtico da Gloria de Santiago de Compostela. De feito, esta preparación culinaria pasou a ser un dos platos típicos dos concellos de Galicia nas ocasións de festa e romaría.
E a pesar de que as que máis fama teñen son as de carne, atún ou bacallao, o certo que é que a primeira empanada á que se fai referencia é de polo e champiñóns, tal e como deixou escrito o gran escritor culinario Álvaro Cunqueiro. Con todo, ao longo do tempo, evolucionaou e comezou a prepararse con diversos produtos, todos eles procedentes da costa e terras galegas. Por regra xeral, a empanada galega emprega varias carnes de vaca e porco (como a zorza), peixes como atún e xoubas, mariscos, etc. Estes ingredientes adoitan cociñarse previamente.
As empanadas máis elaboradas en Galicia de peixe adoitan ser de bonito, bacallau, xoubas, anguía, congrio ou lamprea. Tamén as hai de carne, con zorza, polo, coello; marisco con zamburiñas, polbo, berberechos, mexillóns ou chocos e vexetais, con todo tipo de verduras, sobre todo, os grelos.
E se tiveras que escoller unha empanada, cal nos suxererías?
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Novas protestas veciñais en Vigo contra a nova A-52 polo seu impacto sobre diversas parroquias e medio ambiente
- O buque HC EVA Marie, atracado en Vigo por un corremento de carga sufrido pola forte ondada, á espera de poder trasladala
- Radicais yihadistas en Pontevedra: tres detidos acusados de facer apoloxía do terrorismo e de adestrar a novos membros
- Buscan con drons e cans a un septuaxenario desaparecido dende a noite do domingo en Lalín
- Parroquias de Abegondo, Carral e Fene, as únicas infectadas pola couza da pataca
- Sabes como e cando se farán os 16 quilómetros que quedan da Autovía Lugo-Santiago, a A-54?