Galicia rexistrou máis de 40.000 raios en 2023 superando un 66% os do ano anterior

A nivel anual, a altura media da tropopausa atopouse en 12,1 quilómetros e a do cero térmico a 3,2 quilómetros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2024 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 47.099 raios en 2023, un 66% máis que no ano anterior o que o converte no segundo ano con máis descargas eléctricas da serie ao estar só por detrás dos 47.937 detectados en 2017. En detalle, segundo informou a Xunta, houbo 77 días de treboada, destacando o mes de xuño con 15 días, maio con 13 e sepriembre con 12.

O mes de xuño houbo 16.640 raios, o 35% do total do ano, mentres que, en setembro e maio rexistráronse 13.675 e 13.583, respectivamente. O día con maior número de raios detectados foi o 9 de setembro, con 10.204 descargas nunha xornada na que Galicia estaba baixo a influencia dunha extensa zona de baixas presións relativas en superficias acompañada por unha depresión en altura ao noroeste da Península.

Por iso, a situación derivou nunha elevada inestabilidade atmosférica, ao producirse nunha época do ano na que en superficie as masas de aire aínda son moi cálidas. Desta forma, por provincias, Lugo rexistrou o 34% do total rexistrado, seguida de Ourense --28%--, Pontevedra --20%-- e A Coruña --18%--.

Por outra banda, o radiosondaxe, un método de exploración da atmosfera que permite coñecer a estrutura vertidal desde o chan ata unha altura de 25 quilómetros por medio da medida das principais variables termodinámicas, evidenciaron que a altitude da tropopausa --zona de transición entre a troposfera e a estratosfera-- variou entre os 10 quilómetros en febreiro e os 14 en agosto, mentres que a do cero térmico oscilou entre dous quilómetros en xaneiro e cinco quilómetros en agosto.

A nivel anual, a altura media da tropopausa atopouse en 12,1 quilómetros e a do cero térmico a 3,2 quilómetros. A Xunta indicou que, considerando a evolución destas variables, non se aprecian tendencias desde o inicio dos lanzamentos no ano 2011.

Lóstregos e raios
Lóstregos e raios | Fonte: Arquivo - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta