Protestade Eólica Así Non diante do Parlamento: "Rueda, escoita, seguimos en loita"

Os manifestantes e entidades demandan a Rueda "abandonar o seu servilismo cara ás multinacionais de enerxía e gobernar verdadeiramente como presidente da Xunta"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2024 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

A Coordinarora Eólica Así Non concentrouse na tarde deste xoves ante o Parlamento galego con motivo da votación de investidura de Alfonso Rueda como presidente da Xunta. 'Rueda, escoita, estamos en loita'.

Durante a protesta realizáronse cánticos como: 'Partido Popular, inimigo do rural'; 'O monte é noso e non dos mafiosos' e 'É o que nos deixan: espolio e miseria'.

Esta plataforma avisa de que a mobilización non vai parar ante o "inxusto, insustentable e ilegal" modelo eólico, así como contra "os abusos das corporacións especuladoras da enerxía e das políticas expoliadoras e antidemocráticas impostas polo Partido Popular desde a Xunta e o Parlamento".

Paralelamente, defende un decálogo reivindicativo para un desenvolvemento eólico "ordenado, xusto, sustentable e ao servizo do pobo".

Os manifestantes e entidades demandan a Rueda "abandonar o seu servilismo cara ás multinacionais de enerxía e gobernar verdadeiramente como presidente da Xunta, ao servizo unicamente dos intereses dos galegos e galegas".

Protesta de Eólica Así Non
Protesta de Eólica Así Non | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta