Galicia segue á cola do Estado en nacementos, un 2% menos nos primeiros meses do 2024

Houbo un 0,95% menos de defuncións que no mesmo período de 2023.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2024 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 2.170 nacementos nos dous primeiros meses do ano, o que supón un 2,2% menos que no mesmo período de 2023, segundo os datos de estimación publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Supón o peor dato entre comunidades, mentres a media española increméntase un 2,8% en España. Tan só Estremadura (-0,8%) e Andalucía (-0,57%) sofren tamén descensos de nacementos. En concreto, en España contabilizáronse entre xaneiro e febreiro 53.080 nacementos, mentres que no mesmo período do ano anterior foron 51.616.

Por idades das nais, o grupo maioritario nos dous primeiros meses foron entre os 35 e os 39 anos, con 721 mulleres. Séguelle de 30 a 34, con 659. Houbo 346 proxenitoras entre os 25 e 29 anos. De 20 a 24 anos, 110. Tamén hai 19 alumeamentos de 15 a 19 anos. Pola súa banda, de 40 a 44 anos son 276. De 45 a 49, 34 mulleres. E houbo catro nacementos con 50 ou máis anos.

DEFUNCIÓNS

Pola súa banda, Galicia rexistra un total de 9.256 falecidos nos tres primeiros meses do ano, o que supón un 0,95% menos que no mesmo período de 2023.

Este descenso é inferior ao 1,40% de baixada que se anota a media española de defuncións no primeiro trimestre. Do total de defuncións en Galicia, 4.534 foron homes e 4.722, mulleres, segundo esta estatística estimativa do INE.

Imaxe dunha man dun bebé e a súa nai. Galicia segue tendo moitos problemas para novos nacementos
Imaxe dunha man dun bebé e a súa nai. Galicia segue tendo moitos problemas para novos nacementos | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta