Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2024 | Actualizada ás 16:39
O festival de música Surfing the Lérez regresa os días 14 e 15 de maio á Illa das Esculturas de Pontevedra cunha nova edición que mantén a súa esencia de entrada libre e ambiente diverso e familiar cun cartel con ampla presenza de artistas galegos encabezados por The Rapants, Grande Amore, Hydn, Nenos Mutantes, Meu, Javier Lago, Galician Army, Ortiga e Joe Crepúsculo.
O Concello de Pontevedra acolleu este venres o avance da programación desta "romaría urbana" que fará "que o verán comece unha semana antes en Pontevedra", segundo apuntou o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez.
Nesta edición número 13, o festival recupera a súa colaboración co artista pontevedrés Santiago Paredes para o deseño do seu cartel, no que aínda faltan algunhas agrupacións de peso por confirmar, e que homenaxea á Sala Karma, combinando unha mostra de bandas que pasaron por esta sala de concertos da Boa Vila.
O Surfing the Lérez contará con grupos xa consolidados como Grande Amore, Ortiga ou Nenos Mutantes, mesturados con propostas emerxentes como as de Javier Lago e Lady Banana.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.